Iniciamos o percorrido seguindo a senda dereita do río Lérez, desviámonos da mesma e polos montes de Verducido chegamos ao río de Róns, o cal seguimos ata chegar ao área recreativa do embalse do Pontillón do Castro, lugar onde se establece a bifurcación da ruta de 30 Km.
Unha vez pasada a área recreativa do “Pontillón do Castro” entramos no término municipal de Barro ata chegar ao área recreativa da “cascada do río Barosa”. Seguimos un tramo pola senda do río Barosa, a cal abandonamos e entramos no término municipal de Moraña. Por un tramo de forte subida chegamos ao monte Acibal e posteriormente a “campa do Acibal”. Entramos nuevamente no término municipal de Pontevedra, cruzamos o río Fontans e nos diriximos cara a Ponte Bora, e pola senda do río Lérez e cruzamos o río pola pasarela situada á altura da Estación de Bombeo e logo seguindo a senda paralela á Av. de Bos Aires, cruzamos de novo o río Lérez pola pasarela da Illa das Esculturas e chegamos ata o pabellón multiusos da Xunqueira, lugar onde remata a ruta.
O percorrido, está previsto na súa maioría por camiños de monte e pistas de terra. Ver mapa do percorrido en Wikilok: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16199291
A ruta estará debidamente sinalizada por cintas (indicarase no intre da saída), con frechas de pintura laranxa e con balizas orientativas de cor vermello.
Os tramos da andaina que crucen ou percorran estradas non estarán cortadas ao tráfico, debendo gardar as normas xerais de Tráfico e as indicacións da Organización.
AVITUALLAMENTOS
Ca intención de prover ós participantes de alimentación líquida e sólida, establécense como puntos de avituallamento os sinalados como puntos de control.
Mesmamente, no caso de ser un día de calor, pódese establecer a maiores dos indicados un punto de avituallamento líquido, situado no Km 43,300. Abre 15:11 h e pecha ás 19:19 horas.