O pasado luns 13/03/17 o clube AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo, a través do seu socio e federado en Orientación, Ricardo Figueroa, levou a cabo unha charla e pequena actividade de orientación, no IES San Paio (Tui), realizada a través do programa XOGADE (Xunta de Galicia) coa actividade “Coñece o meu club”.

Este centro educativo contactara co clube AROMON para desenvolver estas actividades e amosar aos rapaces as bases precisas para desenvolver unha proba de orientación, xa que moitos destos escolares asistirán o vindeiro 22 de marzo ao campionato Provincial escolar de Orientación.

A asistencia foi de máis de 50 rapaces, que despois da charla recibida durante unha media hora, levaron a cabo unha carreira de orientación no recinto escolar, e nun mapa creado expresamente para esta actividade.

Debido á boa participación e resposta positiva por parte do alumnado e do contacto mantido co centro educativo (a través da súa subdirectora, Amalia), o vindeiro luns 20 de marzo repetirase a actividade con outro grupo de 50 escolares.


COMPARTIR: