Enviamos información sobre a 1ª proba da nosa Liga AROMON-ChemaSport que desenvolveremos o vindeiro domingo 21 de xaneiro no monte de A Escusa.
Desenvolvemento.-
A Liga Local AROMON ChemaSport é unha iniciativa do Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo que ten como obxectivo iniciar no deporte da orientación a todo aquel que o desexe.
Contaremos con dúas modalidades, que se realizarán na contorna do monte da Escusa:
  • O-Pé: Contará con tres percorridos Iniciación nenos (nivel de esixencia físico e técnico baixo, ideal para nenos), Iniciación adultos (nivel de esixencia físico e técnica baixo pero orientado a adultos e nenos con experiencia) e Avanzado (nivel de esixencia físico e técnico alto, SÓ para federados en orientación).
  • MTBO: Modalidade de orientación en bicicleta de montaña, que contará con dous percorridos: Iniciación curta (nivel de esixencia físico e técnico baixo, ideal xente con pouca experiencia na bicicleta) e Iniciación longa (nivel de esixencia físico e técnico medio, orientado a adultos e nenos con elevada experiencia).
Custo.-
  • Federado club ou ≤16: 0,00 €
  • Federado FEDO ou socio club: 5,00 €
  • Non socio: 8,00 €
Inscricións.-
Até o mércores 17 de xaneiro ás 22:00h na oficina do club, ou a través do formulario: https://goo.gl/C9g8z4.
Para formalizar a inscrición podedes facer o pago na mesma na oficina do club ou facer o ingreso na conta de ABANCA ES08 2080 5403 4030 4011 8709 e enviar de pago a lachs@aromon.es

COMPARTIR: