Desenvolvemento.-

A Liga Local AROMON ChemaSport é unha iniciativa do Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo que ten como obxectivo iniciar no deporte da orientación a todo aquel que o desexe.

Contaremos con unha única modalidade, que se realizará na contorna de Redondela:

  • O-Pé: Contará con tres percorridos Iniciación nenos (nivel de esixencia físico e técnico baixo, ideal para nenos), Iniciación adultos (nivel de esixencia físico e técnica baixo pero orientado a adultos e nenos con experiencia) e Avanzado (nivel de esixencia físico e técnico alto, SÓ para federados en orientación).

Engadimos aquí uns últimos consellos:
  • Lembra chegar media hora antes da túa hora de saída (podes comprobala no documento adxunto), e pasar por secretaría.
  • É moi recomendable que veñas con roupa e calzado cómodos: zapatillas para correr/camiñar polo monte, pantalón longo (ou polainas) e camiseta (ou sudadeira/chuvasqueiro) cómoda.
  • Lembramos outra vez que disporedes de duchas e vestiarios, pero non haberá servizo de gardaroupa.
  • Non esquezas que a madrugada do sábado 24 ao domingo 25 se cambia a hora: ás 2hs serán as 3hs

Horarios de salida:

Consultar los horarios de salidas en este enlace.

Boletín:

 


COMPARTIR: