Achegamos a circular de actividades do club para o mes de abril ben cheíña de actividades percorrendo case tódalas nosas disciplinas: montaña invernal, sendeirismo, actividades para nenos e pais, andainas, o-pé,…
Damos comezo á organización de grandes eventos por parte do club este domingo 30 de marzo co V Ponteandar , 1ª proba da Copa Galega de Andainas 50km FGM.
Ben preto deste evento, o fin de semana do 13-14 de abril damos paso ó PontevedRAID Valmiñor 2019 (2ª proba da Liga Galega de Raid-O e 2ª proba da Liga Española LERA).
Aproveitamos esta comunicación para pedir a vosa colaboración nos distintos postos organizativos do PonteveRAID Valmiñor, lembrade que o club compensa as colaboracións na organización de eventos do club en obxectivos de licenza de balde para o 2020.
No caso de estar interesado, por favor contesta a este mail indicándonos a túa dispoñibilidade.
Polo demáis para calquera dúbida sobre as nosas actividades ou o funcionamento do club, estamos á vosa disposición neste correo-e ou na oficina, en horario de atención cotiá: mércores, xoves e venres laborais de 20.30 a 21.30h.
En primeiro lugar comunicarvos que a partir do próximo 08 de abril o pavillón Municipal da Xunqueira estará a disposición de todos os deportistas para o uso do rocódromo.

A continuación relacionamos as novas datas para o curso de Iniciación a Escalada e a actividade de tardes de rocódromo:

     – Curso de iniciación á escalada: 22, 23 e 25 de abril, mesmos prezos e desenvolvemento. Mantemos as inscricións feitas ata agora, polo que se és baixa por favor avísanos para pasar á lista de agarda.
     – Tardes de rocódromo: dende o 24 de abril até o 26 de xuño (9 mércores). Prezo: 40€ socios federados, 55€ socios NON federados

Por outra banda, comunicarvos que debido aos continuos aprazamentos na apertura da instalación do rocódromo, o noso vogal de escalada e director da Escola de Escalada do club non poderá facerse cargo das diferentes clases programadas para as escolas de escalada por cuestións de axenda. Polo tanto, quedan suspendidas ata o comenzo da nova temporada. As inscricións aos diferentes grupos da escola de escalada que quedan anuladas e a finais do verán procederemos a comunicarvos con tempo da nova estructura de clases e grupos para o curso escolar 2019-2020.

Sentimos profundamente o trastorno ocasionado aos socios e intentaremos, cara ao vindeiro curso escolar, compensarvos cunha oferta de interese.

 


COMPARTIR: