Coma tódolos anos e recén estreado o verán vos achegamos a circular de actividades conxunta dos meses de xullo e agosto. Algunhas actividades mudaron de data con respecto ao calendario, razón pola cal sempre aconsellamos o calendario como guía e a circular coma fonte de información polo miúdo.

Lembrarvos que durante o mes de agosto a oficina do club permanecerá pechada, polo que acordade a tramitación de licenzas ou préstamo de material ca suficiente antelación.

Aínda que non atendamos a oficina estaremos á vosa disposición no correo-e do club a diario para calquera consulta.

De paso comentarvos que a Federación galega de Montañismo tamén pecha en agosto, tédeo en conta para calquera trámite ca mesma.

Descargar a circular de verán.

 


COMPARTIR: