Axchegamos adxunta a circular de actividades do club. Destacar varios cambios respecto ao calendario anual:
– o 9 de novembro celebrarase a xornada de escalada en rocha aprazada en outubro
– o fin de semana do 23-24 de novembro levarase a cabo a saída de montaña de Sanabria e Cabrera Baixa, tamén aprazada en outubro pola meteo desfavorable
– posponse o sendeiro “Camiña e coñece” para xaneiro 2020
– cancélase a 8ª proba da Lachs, dando así por finalizada a liga local de orientación 2019
Coma tódolos meses de novembro, celebraremos a asemblea ordinaria de socios o último venres do mes acompañada da cea aniversario do club. En vindeiras comunicacións iremos concretando os temas a tratar na asemblea e os lugares de celebración dos eventos.
Aproveitamos para informaros que no tocante ás prazas das escolas do club:
– escola de orientación: hai prazas tanto no grupo de Vigo coma no de Pontevedra
– escola de escalada adultos: queda 1 praza dun día (xoves) no grupo das mañáns