Os deportes federados de montaña e orientación son actividades que xa de por sé supoñen certos riscos que os que practicamos estas modalidades deportivas coñecemos:
- Perigos derivados do factor humano: hipoxia, queimaduras, intoxicacións, caídas, torceduras, reaccións alérxicas, actividade en solitario,…
- Perigos derivados da propia actividade: perigos propios do medio onde se realizan estas actividades – desnivel, altura, condicións do solo,…- e as lesións derivadas da actividade, máis despois dun período de inactividade prolongado
A isto agora temos que acostumarnos aos perigos directos derivados da presenza do COVID-19:
- Contaxio por proximidade persoal
- Contaxio por contacto en superficies
- Contaxio por ambientes pechados
- Posible saturación do sistema sanitario por extensión da pandemia:
- Dificultades na atención adecuada ao paciente COVID
- Dificultades na atención adecuada a persoas accidentadas
- Posibilidade de contaxio no transcurso da atención sanitaria
- Estado actual dos servizos de emerxencias trala parada da práctica deportiva no exterior durante o estado de alarma
Así que as xa coñecidas medidas de seguridade e prevención ás que estamos acostumados, agora – e por un período posiblemente ben prolongado-, teremos que sumar as medidas derivadas desta nova situación, como por exemplo:
- Nas relacións interpersoais:
- Manter distancia física de seguridade superior a 2 metros
- Uso de mascarilla sanitaria en espazos pechados e/ou cando non se poida manter a distancia de seguridade
- Redución do aforo en espazos pechados, de recepción e tamén da concentración de persoas no exterior
- Control do aforo en lugares cun gran atractivo deportivo e/ou turístico
- Control do aforo en instalacións deportivas de montaña: zonas de escalada, rocódromos, refuxios, vías ferratas, sendeiros, barrancos, etc.
- Reducir o aforo nos transportes colectivos (autocares e/ou coches particulares)
- No uso de instalacións e material:
- Limpeza correcta e frecuente de mans
- Evitar tocarse a cara ou as mucosas
- Desinfección axeitada e constante de instalacións e espazos comúns
- Seguir sempre as recomendacións do fabricante no relativo á limpeza e conservación dos materiais
- Redución do aforo en espazos pechados ou limitados, evitando concentracións de persoas en zonas comúns
- Programación de actividades grupais e/ou de contacto, seguindo as recomendacións de cada fase
- Limitar(evitar!) o intercambio de obxectos con outros deportistas ao mínimo imprescindible. Atención ás comidas e recipientes de auga: non compartir pratos, cubertos, vasos ou botellas de auga, por exemplo
- Nos espazos pechados:
- Desinfección axeitada e constante de instalacións e espazos comúns
- Redución de aforo e as concentracións de persoas. Respectar os horarios e quendas establecidas polas autoridades e polos responsables do local
- Reducir o aforo nos transportes colectivos
- Evitar o uso de refuxios abertos ou sen garda
- Peche das zonas de uso libre dos refuxios de montaña
Para os que gustamos dun grao saudable de adrenalina e dos espazos abertos, un par de recomendacións máis:
- Non expoñerse a niveis de risco innecesarios nas primeiras fases da desescalada
- Extremar as precaucións nos desprazamentos, e na práctica deportiva
Tede en conta o estado actual do servizo de emerxencias durante o estado de alarma:
- Dificultade na atención axeitada ante unha eventual actuación de rescate
- Dificultade na atención axeitada dunha vítima con posible contaxio
- Posibilidade de contaxio no transcurso da atención
Así que benvidos a unha nova realidade onde aumenta a responsabilidade individual e colectiva, e na que deberemos extremar as precaucións e cumprir as medidas establecidas polos organismos públicos:
- Concienciación e formación colectiva
- Seguir as instrucións e recomendacións das autoridades sanitarias
- Contrastar as fontes de información usando sempre medios oficiais, e ante a dúbida infórmate!
- Cumprir en todo momento as restricións de mobilidade e medidas de prevención establecidas
- Extremar as precaucións e cumprir as medidas establecidas no caso de estar en contacto con persoal de risco
- Se tes síntomas ou recibes outras indicacións sanitarias como illamento por contacto cun caso sospeitoso, queda na casa e contacta co servizo de atención ao doente
E sobre todo paciencia e sentidiño á hora de realizar esas actividades. Fai adestramentos sinxelos durante as fases da desescalada que non comprometan a túa saúde nin a dos demais. E sigue en todo momento os prazos e normas establecidas.
Imos conseguilo! A Roelo Montañeiros!