Nos comprace avisarvos que a partires do 17 de xuño abriremos a nosa oficina sita no local 5 – 3º andar do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Benito Corbal 45 (entrada pola rúa Xavier Puig), no horario cotián: mércores, xoves e venres laborais 20:30 a 21:30h.

Para poder dar cumprimento ás recomendacións para a prevención e saúde fronte o coronavirus estableceremos as seguintes medidas para garantir a seguridade de todos:

 

  • Só se permitirá a entrada de 1 persoa na oficina e terá que vir provista de máscara. No caso de que se xunten varias persoas, agardarase na entrada da oficina mantendo 1,5m de distancia de seguridade co resto de persoas.

MÁSCARAS

O uso de máscara é obrigatorio sempre que no sexa posible manter unha distancia de seguridade de 1,5 metros.

distancia social

DISTANCIA

Manter 1,5 metros de seguridade tanto entre o persoal traballador como co persoal usuario.

  • Será necesario lavar as mans de xeito previo e posterior ao paso pola oficina do club. En cada planta do edificio administrativo hai 2 baños, ademais poremos á vosa disposición, na oficina, xel desinfectante e toalliñas de papel.
lavado de mans

LAVADO DE MANS

Facilitar o lavado frecuente de mans e o uso de solucións hidroalcohólicas a todo o persoal. Lavalas antes e despois de tratar co usuario.

usuarios

USUARIOS

Dispoñer de solucións hidroalcohólicas, luvas e panos desbotables para o uso público na entrada e no interior da oficina.

  • Por favor non nos visites se tes síntomas compatibles da COVID ou se estiveches en contacto recentemente con alguén contaxiado.

FEBRE

Non ir a traballar con febre (>37º) ou síntomas da COVID-19 ou se houbo contacto próximo cunha persoa infectada.

  • Evita tocar os ollos, nariz ou boca, e cubre correctamente as vías respiratorias ao tusir ou esbirrar.
non tocar ollos, boca ou nariz

OLLOS, NARIZ E BOCA

Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca, xa que as mans facilitan a transmisión.

toser protexendo aos demais

VÍAS RESPIRATORIAS

Cubrir as vías respiratorias cun pano desbotable ou co antebrazo ao tusir ou esbirrar e desbotalo de xeito adecuado.

  • Toda a documentación do club facilitarase a partir de agora de xeito electrónico. Poranse medidas de seguridade para os casos nos que non sexa posible facelo deste xeito.
usar luvas

LUVAS

Usar luvas desbotables ou solución hidroalcohólica para manipular a documentación dos usuarios e cando se comparta material de oficina.

ollo co uso compartido

EQUIPOS

Evitar compartir comida, bebida, equipos, dispositivos e material de oficina.

¡MOITAS GRAZAS POR COIDARTE/COIDARNOS!
AGARDÁMOSVOS NA OFICINA AROMON


COMPARTIR: