Compartimos algunhas fotos do fin de semana de estrea na modalidade de barranquismo.
Un novo reto para o club AROMON rematado co descenso do río San Xoán/Pedras, na Pobra do Caramiñal (A Coruña).
Unha xornada estupenda, de calor e bo ambiente… onde puidemos volver a retomar as sensacións de aventura e compañeirismo que tanto votamos de menos nos últimos meses.
Esperamos que desfrutedes con estas imaxes e que servan para trasladarvos a intensidade desta gratificante aventura.
Non esquezades consultar a nosa axenda de actividades e estade atentos ao noso calendario: Seguiremos cos costering o 26 de xullo.