O club AROMON PONTEVEDRA vén de acadar un acordo de colaboración coa empresa PIRINATURE EXPERIENCES, do que poderedes desfrutar a través de descontos especiais na súa oferta de actividades.
Deste xeito os socios do noso club poderán desfrutar dun desconto do 10% nas actividades ofertadas por PIRINATURE. Para acceder a ditos descontos se deberá acreditar a pertenza ao club mediante o carné de socio ou coa licenza federativa vixente do ano en curso.
Agardamos que esta colaboración axude a completar a oferta que ofrecemos a socios e montañeiros federados ó poder contar cunha experimentada empresa de ecoturismo que dispón dunha variada gama de actividades para tódolos públicos e niveis.
Nos resulta ademais moi gratificante que este acordo vaia contribuír a proxectos de conservación que a empresa PIRINATURE leva adiante na contorna dos Pirineos.
Para máis información consúltanos ou visita a súa web: https://pirinatureexperiences.com/
