O club AROMON Pontevedra, a través da súa vocalía de Orientación inicia un programa de adestramentos pensando na finalización deste 2020 e na temporada 2021.

Organizaremos os adestramentos a través dun técnico propio federado, en xornadas de sábado (sesións de mañá ou tarde) e domingo (sesións de mañá).

Con inicio neste mes de novembro de 2020 hasta finais de xaneiro de 2021 (ampliable hasta finalización do Estado de Alarma).

O noso obxectivo é manter unha continuidade nas saídas ó bosque con mapa para realizar adestramentos físico-técnicos para socios federados autorizados, son deportistas que compiten nas distintas Ligas Galegas/Campionatos Galegos, nas Ligas Españolas/Campionatos de España e eventos de carácter internacional.

Creemos que é importante esa axuda para manternos enganchados nesta época tan complicada e seguir desfrutando do noso Deporte favorito.

Serán adestramentos principalmente de Orientación a Pe (O-Pie) e Orientación en Bicicleta de Montaña (MTBO).

PROTOCOLO FISICOVID FEGADO (SXD):

Os socios federados coñecen e se comprometen a cumprir os protocolos establecidos (a través de Fegado/Fedo e Xunta de Galicia), especialmente no mantemento das distancias de seguridade, uso de mascariñas e desinfección que fose necesaria.

O club AROMON, a través do seu coordinador Covid, xestionará a documentación necesaria e os datos persoais e do programa en colaboración co técnico responsable.

Contacto: ori@aromon.es

O-Pie

COMPARTIR: