A ESCOLA DEPORTIVA DE ORIENTACIÓN DO CLUB AROMON
 SE SUMA AO “PROXECTO LIBERA”

O Proxecto Libera é unha iniciativa de ADESP xunto ás asociacións SEO/BirdLife e Ecoembes á que a Federación Española de Orientación se suma para concienciar e sensibilizar sobre a importancia de respectar o medio natural.

Amais, o Proxecto Libera forma parte de Green Sport Flag, un plan co obxectivo de emprender accións que favorezan a protección do medio ambiente a través do deporte impulsado polo Consello Superior de Deportes e ADESP.

proxectoLibera

Neste contexto, a Federación Española de Orientación presentou o proxecto #Liberatuparque que pretende limpar de lixo algúns dos lugares onde máis se practica a orientación.

proxectoLibera

Os pasados días 11 e 13 de maio a Escola Deportiva de Orientación do club Aromon ha participado no proxecto presentado pola FEDO desenvolvendo ámbolos adestramentos combinados coa recollida de lixo nas áreas recreativas de Lagoa de Castiñeiras (Marín-Vilaboa) e Serra do Galiñeiro (Vincios).

As áreas de recollida teñen unha extensión aproximada de 1 km cadrado cada unha e recolléronse en total 60 decímetros cúbicos de vidro, 90 decímetros cúbicos de envases e 300 decímetros cúbicos de material non reciclable que se depositaron a continuación nos contedores habilitados nas áreas recreativas para cada tipo de residuo.

proxectoLibera
Mapa ORI

COMPARTIR: