Co gallo de facer medrar as posibilidades de lecer e deporte para os nosos socios acábanse de crear dúas novas vogalías: unha vogalía de carreiras por montaña-trail e outra vogalía de Andainas.
Queremos darlle a benvida á xunta directiva do club aos nosos socios David Cordero e Antonio Abreu que pasan a ser vogais de Carreiras por Montaña-Trail e de Andainas, respectivamente.
Agardamos que este feito sirva para dinamizar estas seccións e facer máis grande o noso club.

David Cordero Millos
Vogal de CxM Trail
Socio nº 916


Antonio Abreu González
Vogal de ANDAINAS
Socio nº 475