O sábado 30 de abril o club AROMON Pontevedra  realizou unha colaboración co club de rugby Os Ingleses de Vilagarcía de Arousa para facer chegar o noso bonito deporte da Orientación a outros deportistas.

Os participantes na actividade, 20 persoas de distintas idades, desde nenos e adolescentes ata adultos, realizaron un recorrido con variedade de controles en parellas.

A tarde foi soleada e agradable, cun ambiente lúdico moi agradable.

Despois dunha breve explicación de detalles sobre o mapa, o compás e as tarxetas SportIdent os aguerridos Ingleses se lanzaron a realizar o recorrido, intentando pasar polo maior número de controles (lo ideal era completalo) nun par de horas practicando Orientación.

Ao finalizar o recorrido as sensacións foron moi positivas por ambas partes, emprazándonos a próximas colaboracións.

Desde o club AROMON agradecer ao club Os Ingleses o interese e bo ánimo de tódolos participantes.

Nos vemos no bosque!


COMPARTIR: