Sempre que nos foi posible tratamos de aproveitar esa oportunidade única que nos brinda a natureza cada final de Verán, A Berrea. Un espectáculo visual e de son que se mestura cos incipientes cores dun Outono que asoma.
Este ano tocou Brañagallones, un deses poucos sitios onde a natureza se sinte en todo o seu esplendor; libre das masificacións que por desgracia cada vez son máis comúns en moitos lugares.
O plan, moi simple: Pasar un fin de semana inmersos na natureza e acompañalo con algunha ruta para coñecer a entorna.
Chegamos o venres pola noite a Bezanes, onde Rafa, sempre atento, nos estaba esperando co seu taxi para subirnos ao refuxio, este último sen dubida o máis cómodo da cordilleira e moi ben atendido por José Manuel e o seu equipo.
O sábado saímos pola maña para realizar unha bonita ruta circular que ascende ao Cantu L´Oso (1793 msl) e transita circundando o Circo de Brañagallones pola súa parte interior e exterior, para despois descender a través do Collau Arenes cara Valdebezones e xa completar o recorrido en Brañagallones.
A ruta ten una lonxitude aproximada de 11 quilómetros e ten un desnivel acumulado de 1800 m (900 m ascenso/ 900 m descenso). É un recorrido que describiría como Fácil (Francés), aínda que nalgunhas zonas ten algunhas pequenas trepadas e hai que ir moi atento para no saírse da senda. Co terreo moi húmido hai que contar con tramos onde haberá barro.
O domingo simplemente baixamos cara Bezanes nunha deliciosa ruta de 11 km que se fai pola pista de acceso rodado ao refuxio e que non entraña dificultade técnica.
Sobre Brañagallones e o seu refuxio dicir que é marabilloso deixarse levar polo atardecer contemplando e escoitando a paisaxe e a fauna nunha entorna e instalacións tan singulares.
Prometemos repetir!