A sección de orientación comezou o mes de Setembro cunha actividade en colaboración co club de Natación e Salvamento de Vilagarcía de Arousa o domingo 4 nos montes A Escusa, en Poio.
Acudiron un total de 25 nadadores e familiares que tornaron a piscina por un mapa e un compás e fixeron o percorrido en parellas ou pequenos grupos nunha mañá na que, aínda que o ceo ameazaba con chover, finalmente aguantou toda a xornada.
Aínda que na charla inicial se lles deu a opción de recortar o percorrido, todos eles finalizaron tras pasar por todos os puntos de control nun tempo medio de 2 horas aproximadamente, finalizando cunha sensación xeral de satisfacción e xa pensando na seguinte actividade.
Dende AROMON queremos dar as grazas a este marabilloso grupo con motivación e ganas de pasar un domingo diferente aos demais.