Crónica de Teresa Bellón.

Esta fin de semana os nosos socios viaxaron ata a provincia de Teruel para competir no Trofeo Aragón de Orientación, conformado con 4 probas oficiais da Liga Española de orientación, sendo unha de carácter internacional puntuable no World Ranking Event.

A competición tivo lugar nas localidades de Orihuela do Tremedal, que acolleu as probas de Media (WRE) e longa distancia e o sprint no casco urbano, e na localidade de Bronchales que pechou a competición cunha media distancia, ambas localizadas na Serra de Albarracín.

Os nosos corredores puideron disfrutar de mapas que non se atopan en moitos sitios, competindo a máis de 1750m de altura con piñeirais limpos de vexetación que levan ao corredor a unha altísima velocidade de carreira, mesturados con elementos de rocha que obrigan a levar unha alta concentración en todo momento, destacando os *canchales* de pedra nos mapas de Orihuela, que cruzaban o mapa como si se tratasen de “ríos de pedra”.

Tras a suma das puntuacións das 4 carreiras, os nosos socios acadaron varios podiums:

3ra posición M-40 Ángel Álvarez Serto, levando durante todo o fin de semana unha
competición constante no top 5.
3ra posición F-21A Teresa Bellón Santos, destacando un 1º e 2º posto nas dúas carreiras de Media distancia.

O próximo 26 e 27 de Maio retómase a competición nacional de orientación a pé co campionato ibérico masculino en Portugal, proba que tamén será de alcance internacional formando o Penamacor Internacional Orienteering Meeting.


COMPARTIR: