O Centro Histórico de Pontevedra acolleu durante a tarde deste sábado as xornadas de orientación urbana.

Nela, os participantes recibiron unha primeira clase teórica sobre coñecementos básicos de material e seguridade para logo saír á rúa e poñer en práctica o aprendido.

Ao longo de catro horas, os participantes, comprendidos en idades desde os 5 anos en diante, percorreron a Boa Vila e gozaron dunha xornada lúdica e de aprendizaxe.

As xornadas de orientación estiveron organizadas polo Club Aromon e o Concello de Pontevedra.


COMPARTIR: