INFORMACIÓN IMPORTANTE
Mapa dunha zona de especial protección polo que deberemos ser moi coidadosos co medio para que nos sigan permitindo este tipo de actividades na zona.


PARKING
Centro Vacacional A Lanzada, Diputación de Pontevedra.
O máis recomendable é aparcar fronte ó albergue da Deputación. Aínda que a saída da carreira será preto da rotonda, nesa zona hai pouca zona de aparcamento e soe andar bastante a Garda Civil de Tráfico. Dende este aparcamento estará balizado ata a zona de competición.


PERCORRIDOS

CategoríaDistancia*
(km)
Desnivel (m)Nº de
controles
EscalaTempo
máximo
INI– curta1,54581:750090 minutos
INI– longa2,380141:750090 minutos
Avanzado3,1210221:750090 minutos
Trail-O0,8515+3 PC1:5000120 minutos**
*As distancias están en formato reducido, a distancia real será máis longa.
**Estímase que non sexa necesario inverter todo tempo.

COMENTARIOS DO TRAZADOR

Nos percorridos intermedio e iniciación a carreira se desenvolve por zona de area e pouco desnivel.
No percorrido de iniciación estará guiado por elementos lineais moi claros. No caso do intermedio a carreira seguirá elementos lineais, pero con incursións en zonas de bosque con vexetación rastreira o que vai condicionar a velocidade de carreira.
O percorrido avanzado estará composto por controis situados en lugares con poucas referencias claras. En xeral o percorrido avanzado atravesará zonas de forte desnivel e vexetación densa o que condicionará a penetrabilidade en certos momentos. No percorrido avanzado se recomenda o uso de polainas e precaución na circulación por certas zonas de rochas. Existencia de algúns cortados moi salientables que poden supor un perigo para o percorrido avanzado polo que rogamos extremen as precaucións ante a presenza de cortados.
Especial coidado cos toxos, as silvas e os estripeiros que abundan nunha zona do terreo que é a primeira parte dos percorridos avanzado e intermedio.
No mapa haberá unha zona prohibida por tratarse dun espazo protexido.
Trátase dunha área despexada conformado por dunas, circular por esa zona poderá supoñer a descualificación. Pero sobre todo podería ser un problema para a organización dado que a prohibición do paso por esa zona é unha das condicións para poder organizar adestramentos neste mapa.

TRAIL O: Estará composta por 15 controis e 3 puntos cronometrados.
A saída será fronte ó albergue da Deputación, os participantes circularán polo paseo que é paralelo á estrada que vai para San Vicente e o remate será preto da rotonda onde está o desvío para O Grove.
Ó remate dos 15 controis, haberá un lugar onde se farán os puntos cronometrados que servirán para desempatar en caso de empate a acertos. Haberá tres desafíos cronometrados. Lembramos que para contestar estes desafíos cada corredor ten 30” por desafío.
A proba de Trail-O terá comezo ás 11:30, sen horas de saída fixadas para posibilitar a participación nas 2 carreiras.


FAIRPLAY: A proba comeza no centro vacacional, polo que, para ir dende a meta de o-pé ata o inicio, pedimos que os participantes fagan este percorrido polo carril contrario e sen mirar cara á zona de competición.


COMPARTIR: