O próximo día 1 de novembro, mércores non laborable, terá lugar a VIIª proba da nosa X Liga de Orientación, esta vez nos montes de Siradella, O Grove.
Constará de 2 modalidades: Orientación a pé e Trail-O.
Sendo o Trail-O unha modalidade de precisión que discorre por unha senda, totalmente adaptada para persoas con mobilidade reducida ou uso de cadeira de rodas ou outra axuda técnica para marcha.
Como sempre, a proba está aberta a xente federada que queira adestrar ou a xente que se estea iniciando no deporte, cos percorridos de iniciación curta (nenxs) ou iniciación longa (adultxs).