A Taberna do Horacio – Serra de Arga

A Taberna de Horacio - Serra de Arga

Data

16 Xaneiro, 2022

Hora

09:00

Localización

Arga de Baixo

Debido as actuais restricións para acceder a Portugal coma consecuencia da actual situación sanitaria, decidiuse cancelar a actividade de sendeirismo prevista para este domingo.

Procederemos a devolver as inscricións, e contamos con re-programala en canto a situación sexa máis favorable.

Inscrición: Até o xoves 13 de xaneiro ás 21:30h vía web a través do enlace: https://aromon.es/proximas-actividades/. Inclúe organización, monitores e desprazamento (en coches dos participantes).
Límite de prazas: 20 pax.
Saída: O propio día no pavillón dos deportes de Pontevedra.
Descrición: Actividade de dificultade baixa. Saída e chegada en Arga de Baixo.
Se soubeses portugués e tiveses tempo o Horacio na taberna falaríache da virtude do esforzo, do valor da palabra, dos anos da fame e da emigración aló polos corenta de cando neno traballou en Pontevedra. Mais, como non sabes nin tes, podes camiñar pola Serra D’Arga, escoitarás latexar a terra, suspirar o ávrego. Ou non.

Material recomendable: Máscara obrigada. Roupa e calzado cómodo, chuvasqueiro, bastóns, gafas, crema solar e todo material que cada un considere que poida necesitar.
Comida e auga para pasar o día.

Concretaranse os detalles da saída cos inscritos nos días previos.


COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

Prazas 20 (20 Quedan)
  • Arga de Baixo
  • Caminha
  • Portugal

Data/Hora

  • 16 Xaneiro, 2022 09:00   -   18:30
Compartir a actividade
Engadir ao meu calendario