Acantilados de Loiba

Acantilados de Loiba

Data

21 Maio, 2022

Hora

09:00

Localización

O Barqueiro

Inscrición: Até o mércores 18 de maio vía web a través do enlace á sección: https://aromon.es/proximas-actividades/. Inclúe organización, monitores, desprazamento, albergue en Ortigueira (pendente de ocupación por refuxiados) e seguro para os non federados.
No caso de non ter prazas no albergue buscarase un hotel. NON se inclúe no prezo.

Número de prazas: 12

Saída: O 20 de maio dende Pontevedra.

Descrición: Actividade de dificultade moderada.

  • Sábado 21 de maio: Percorrido lineal de 20km. Partiremos da estación do FEVE de O Barqueiro cara Punta Herbosa, despois de percorrer a praia do Esteiro cruzaremos o río pra dirixirnos aos acantilados de Loiba. A senda continúa moi preto da costa, pudendo disfrutar dunhas fermosas vistas dos acantilados de Cabo Ortegal e a Serra da Capelada. Pasaremos polo famoso banco “The best bank of the world” e por piñeirais e fermosas praias ata chegar a Espasante, onde chegaremos ao porto polo castro de Espasante. Cruzamos a vila e remataremos na mesma estación de tren onde comezamos a ruta.
  • Domingo 22 de xuño: Percorrido lineal duns 24km polos acantilados de San Andrés de Teixido. Partiremos da Garita da Herveira, situada nos acantilados da Herveira, os 4º con maior altura de Europa, 613m, dende onde iremos cara o lugar do Teixidelo. Costeando chegaremos ata a praia de Areas Negras, a única praia de area negra de orixe non volcánico do planeta. Dende a praia subiremos de novo ao lugar de Teixidelo para chegar o cruceiro de Curutelo, onde hai un mirador cunhas fermosas vistas dos acantilados e de San Andrés de Teixido. Continuamos por unha senda que levaranos ao pobo de San Andrés, percorreremos a aldea e subiremos a Chao do Monte, Prados de Arriba, con subida final ao Monte do Vilar, con vistas aos acantilados e a Punta Candeira. O regreso será polo mesmo camiño sen pasar pola praia de Areas Negras.

Material recomendable: Máscara, alimentos e bebida para o día, bastóns, zapatillas/botas, peza impermeable, gorra, lentes de sol, crema solar e material que cada un considere que poida necesitar. Para o albergue, saco de durmir e toallas.


COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

Prazas 12 (12 Quedan)
  • O Barqueiro
  • Loiba
  • A Coruña
  • España

Data/Hora

  • 21 Maio, 2022 09:00   -   20:00
  • 22 Maio, 2022 09:00   -   20:00
Compartir a actividade
Engadir ao meu calendario