As Nosas Sendas: Mourente e Bora

Data

30 Xaneiro, 2022

Hora

09:00

Localización

Mourente e Bora

Inscrición: Até o venres 28 de xaneiro ás 21:30h vía web a través do enlace á sección: https://aromon.es/proximas-actividades/.
Inclúe organización, monitores, e seguro para ás persoas non federadas.
Número de prazas: 20 pax.
Saída: O mesmo día ás 8:30h no Edif. Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal 45).
Descrición: Actividade de dificultade moi sinxela.

Este roteiro é o primeiro da serie “Nosas Sendas” do club AROMON, que pretenden achegar o sendeirismo a familias, persoas que queiran iniciarse nesta actividade, pasear en grupo ou coñecer as actividades do noso club en percorridos moi sinxelos e alcanzables en canto á esixencia física e técnica.

Trátase dun percorrido circular polos arredores de Pontevedra, neste caso os montes das parroquias de Mourente e Bora que se desenvolve por asfalto, pistas e algún carreiro que podería estar húmido. A distancia aproximada é duns 18km, ten unha duración máxima de 5 horas e media con paradas, e un desnivel positivo acumulado de 400m. O punto máis alto está situado a 225m e non hai ningún treito complicado, aínda que ao desenvolverse preto da cidade haberá que cruzar ou empregar algunha estrada, polo que deberemos prestar a necesaria atención.

Clasificación MIDE 1123
(Medio 1, Itinerario 1, Distancia 2, Esforzo 3, Dificultade Técnica 0)

MIDE Aromon Nosas Sendas -Mourente

Material recomendable: Máscara obrigada, calzado cómodo preferentemente de montaña, mochila con auga (alomenos 1 litro) e algunha peza de froita, froitos secos e/ou bocadillo (estaremos de volta para comer), chuvasqueiro, roupa adecuada á actividade, mellor varias capas finas que unha peza grosa.

Concretaranse os detalles da saída cos inscritos nos días previos


COMPARTIR:

Rexistrate agora!

Tipo de entrada:

Federado club e < 18
9 Quedan
Cant. Entradas
Prezo x entrada 3,00
Socio Club
9 Quedan
Cant. Entradas
Prezo x entrada 5,00
Non Socio
9 Quedan
Cant. Entradas
Prezo x entrada 10,00
Cantidade Total

Localización

Prazas 20 (9 Quedan)
  • Mourente e Bora
  • Mourente
  • Pontevedra

Data/Hora

  • 30 Xaneiro, 2022 09:00   -   18:30
Compartir a actividade
Engadir ao meu calendario