22 Maio, 2022
09:00
Muiños do Batán
Inscrición: Até o venres 20 de maio vía web a través do enlace á sección: https://aromon.es/proximas-actividades/. Inclúe organización, monitores e seguro para os non federados.
Número de prazas: 20
Saída: O mesmo día ás 08:30h na rúa Benito Corbal 45 (sede do club).
Descrición: Actividade de dificultade baixa (ver MIDE), ideal para familias con nenos.
Saímos de Pontevedra cara á Parroquia de Salcedo e visitar os Muíños do Batán, o Castro das Croas e algunha sorpresa mais, o percorrido ten moi pouco desnivel e vai por pistas en bo estado e algunha senda, as únicas dificultades consisten en cruzar as estradas asfaltadas e a zona dos muíños se están molladas, poden ser moi esvaradías.
Material recomendable: Máscara, calzado deportivo cómodo, preferentemente de montaña, mochila con auga (alomenos 1 litro) e algunha peza de froita, froitos secos e/ou bocadillo (estaremos de volta para comer), chuvasqueiro, roupa adecuada á actividade, mellor varias capas finas que unha peza grosa.
Concretaranse os detalles da saída cos inscritos nos días previos.