Bosque Marronda e Chan Pousadoiro

Data

30 Setembro, 2023

Hora

10:30

Localización

Baleira

SAÍDA: Reunirémonos o sábado día 30 ás 10:30 horas na gasolineira da A-6, km. 479.

DIFICULTADE: media, pola lonxitude dos percorridos.

INSCRICIÓN: Inclúe organización, seguro e monitores, desprazamento (coches dos participantes) e sábado noite no Hotel Restaurante Móneda de Cádavo (Baleira), * cea e almorzo non incluídos, por conta do participante*

DESCRICIÓN:
SÁBADO 30 DE SETEMBRO: “Bosque da Marronda”. Ruta circular de 22,6 km. Deixamos o pobo de San Paio, e ascenderemos por fermosos prados de montaña ata a Pena da Raia a 934 m. Seguindo a división do Monte O Candon chegaremos á aldea de Mendreiras. Unha vez na aldea baixaremos pola Fraga da Marronda, que é un dos bosques de faias máis importantes do sur de Europa, ata a área recreativa da Cortevella. Neste punto seguiremos polo bosque da beira do río Eo e pasando pola aldea de Cabreira chegaremos de novo á aldea de San Paio. Neste último tramo, duns 9 km, se o horario o permite, baixaremos a ver a Fervenza do Pozo da Ferreira.

DOMINGO 1 DE OUTUBRO: “Chan de Pousadoiro-Río Eo”. Ruta circular de 21,6 km. Saímos do lugar de Chao de Pousadoiro pola marxe dereita do río Eo. Este día percorreremos un novo tramo augas abaixo do río Eo, un importante río do norte de Galicia de 99 km de lonxitude, que nace en Fonteo (Baleira) e desemboca na localidade de Ribadeo. Actualmente é un dos poucos ríos de salmón pola boa calidade das súas augas. Este día e seguindo o bosque de ribeira chegaremos á área recreativa Da Texeira. Dende aquí deixamos o río e pasando pola aldea da Retorta comezamos unha forte subida en zigzag que nos levará ata o miradoiro do pico da Pena Millares, duns 600 m de altura. Seguiremos o camiño sen fortes pendentes ata a aldea da Budueira. Aínda subindo uns metros chegaremos ás Peñas de Sanmamede desde as que descenderemos pronunciadamente ata a aldea de Lamas, de novo preto do bosque da ribeira do río Eo. Baixaremos ata a ponte colgante sobre ela e na súa marxe esquerda chegaremos ao punto de partida no Chao de Pousadoiro (Ribeira de Piquín).

EQUIPAMENTO RECOMENDADO: bastóns, lentes de sol, gorra, crema solar, calzado cómodo, impermeable se se prevé choiva, comida para a estrada e auga abundante.

Inscríbete agora

COMPARTIR:
Sen prazas dispoñibles

Localización

Organiza: Club Aromon

  • Baleira
  • Avenida Baralla
  • Baleira
  • Lugo
  • España

Data/Hora

  • 30 Setembro, 2023 10:30   -   18:00
  • 1 Outubro, 2023 10:30   -   18:00
Compartir actividade
Engadir ao meu calendario