Camiño dos Faros – De Muxia a Fisterra

Data

8 Xuño, 2024

Hora

09:00

Localización

Campo de Fútbol Municipal de Arliña

ACTIVIDADE: Senderismo.

SAIDA: Quedamos no Campo de Fútbol de Muxía ás 9:30 horas. O tempo de viaxe de Pontevedra a Muxía é de 1 hora e 50 minutos.

DIFICULTADE: Alta, pola lonxitude do percorrido e os fortes desniveis.

Sábado 8 de xuño: “De Muxía a Lires”. Percorrido liñal de 27,3 km. Saimos do campo de fútbol de Muxía á altura da Praia de Lourido onde sitúase o novo Parador Nacional Costa da Morte. A partir de aquí ascenderemos ó Monte Cachelmo sendo a subida máis dura do camiño. Pasaremos polo Monte Buitra e os seus acantilados, e posteriormente polo Monte Pedrouzo ata chegar ó Faro de Touriñán. Dende Punta Insua avistaremos a Illa da Herbosa. Costeando chegaremos á Praia de Nemiña, fin oficial da etapa 7. Dende eiquí chegaremos, polo sendeiro interior do Río Castro, ata o pobo de Lires que é onde atópase o aloxamento.

Domingo 9 de xuño: “De Lires ó Faro Fisterra”. Percorrido liñal de 21,6 km. Saimos de Lires ata a praia do mesmo nome e continuaremos polos seus acantilados nunha sucesión de duros desniveis. Chegaremos á Praia do Rostro, de casi 2 km de lonxitude, para logo continuar polos acantilados de Punta do Castelo, de O Gavioteiro, de Arnela e os de Cabo da Nave, uns dos máis espectaculares do camiño. A partir de eiquí suavizase a etapa pasando pola Praia de Mar de Fora, e despois de pasar a aldea de A Insua subiremos ó Monte do Facho. Terminando a etapa no Faro de Fisterra.

MATERIAL ACONSELLADO: Bastóns, gafas de sol, gorra, crema solar, bañador, toalla, calzado cómodo, chubasqueiro si hai previsión de choiva, comida para o camiño e bastante auga.

O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches dos participantes, Taxi para recuperar os coches do inicio, aloxamento Media Pensión (inclúe almorzo) en albergue As Eiras (Lires) cea por conta do participante pódense xestionar no albergue (aprox. 18€), guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club (aromon@aromon.es) ou no whatsapp de grupo que crearemos cos participantes

 

Inscríbete

COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

Organiza: Club Aromon

  • Campo de Fútbol Municipal de Arliña
  • Punta Arliña
  • Muxía
  • A Coruña
  • 15124
  • España

Data/Hora

  • 8 Xuño, 2024 09:00   -   20:00
  • 9 Xuño, 2024 09:00   -   20:00
Compartir actividade
Engadir ao meu calendario