10 Xuño, 2023
08:00
Mañón
Desenvolvemento:
– SÁBADO 10 DE XUÑO: “Cantís de Loiba”. Percorrido lineal de 20 km. O roteiro parte da estación do Feve do Barqueiro, desde aquí imos cara a Punta Herbosa, e despois de percorrer a praia de Esteiro, cruzaremos o río para dirixirnos cara aos cantís de Loiba. A partir de aquí a senda discorre moi próxima ao mar, podendo gozar dunhas bonitas vistas tanto dos cantís como do Cabo Ortegal e a Serra da Capelada, situados enfronte, na outra marxe da Ría de Ortigueira. Pasaremos polo famoso banco “The best bank of the world” e por zona de piñeirais e fermosas praias ata chegar ao lugar de Espasante, onde chegaremos ao porto bordeando o Castro de Espasante, cruzaremos o pobo e terminaremos o roteiro na estación do Feve onde colleremos os coches.
Este día deixaremos os coches na estación de Espasante e iremos no Feve ata a estación do Barqueiro, son uns 15 minutos de viaxe.
– DOMINGO 11 DE XUÑO: “Cantís de San Andrés de Teixido”. Percorrido lineal de ida e volta de 24 km. O roteiro parte da Garita de Herveira, situada nos cantís de Herveira, que pasan por ser os cuartos de maior altura de Europa (613 m). Desde aquí baixaremos ao lugar de Teixidelo, onde continuaremos baixando ata a Praia de Areas Negras, a única de area negra de orixe non volcánico do planeta. Desde a praia subimos de novo ao lugar de Teixidelo e custeando chegamos ao cruceiro de Curutelo, onde hai un miradoiro cunhas bonitas vistas dos cantís e de San Andrés de Teixido. Continuamos por unha senda que nos leva ao pobo de San Andrés, cruzamos o pobo e subimos ata Chao do monte, Prados de Arriba, con subida final ao monte Monte do Vilar, con vistas aos cantís percorridos e a punta Candeira.
O regreso será practicamente polo mesmo camiño exceptuando a baixada á praia de Areas Negras.
Material necesario: Bastóns, lentes de sol, gorra, crema solar, calzado cómodo, chubasquero se hai previsión de choiva, comida para o camiño e bastante auga. Para o albergue, saco de durmir e toallas.
Inclúe: organización, monitores, desprazamento e (Refuxio se non veñen refuxiados ucraínos), cedido polo Concello de Ortigueira, en caso contrario habería que buscar hotel NON incluído.
Dificultade: BAIXA/MEDIA
Prazas: 12
Inscríbete agora