Curso de progresión por crestas

Crestas de Euskadi

Data

1 Xullo, 2023

Hora

09:00

Localización

Monte Galleiro

Obxectivo: Adquirir os coñecementos básicos para progresar con seguridade en terreo de montaña, no que é habitual atopar pasos de dificultade moderada ou puntos conflitivos, coma as Crestas.

Lugar: Serra do Galiñeiro. O venres 30 faremos un previo na oficina do club, presentación do curso e práctica de Nós básicos (de 20 a 21 h).

Prazas: Mínimo 2 – máximo 4.

Descrición: Dirixido a soci@s federad@s con experiencia na montaña que estean interesadas en dotarse de ferramentas como o uso de corda, nós, instalacións, e material flotante de seguridade, co fin de asegurarse en pasaxes expostos.

Inclúe: organización, monitores e material colectivo (hai que traer o material individual dispoñible).

* Desprazamento por conta dos participantes.

* Esta actividade está subvencionada polo club no 25% do seu valor, dacordo ca Bolsa de Axuda para Formación de DEPORTISTAS aprobada na Asemblea anual de Soci@s.

 

COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

  • Monte Galleiro
  • Mos
  • Pontevedra
  • España

Data/Hora

  • 1 Xullo, 2023 09:00   -   20:00
  • 2 Xullo, 2023 09:00   -   20:00
Compartir actividade
Engadir ao meu calendario