Curso de progresión por crestas

Monte Galiñeiro

Data

18 Xullo, 2020

Hora

09:00

Localización

Galiñeiro

Inscrición.- Limitada a 6 prazas!! Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data de nacemento, teléfono e xustificante de pago até o mércores 15 de xullo . Inclúe organización, monitores e material técnico. O desprazamento corre pola conta dos participantes, de tódolos xeitos trataremos de organizarnos co fin de que ninguén quede atrás e minimizar os custes. Para formalizar a inscrición facer o ingreso na conta de ABANCA ES08-2080-5403-4030-4011-8709 ou na oficina do club.
Desenvolvemento.- Actividade de dificultade técnica moderada.
Este curso trata de dotar aos participantes de ferramentas como o uso de corda e un mínimo de material técnico para avanzar e funcionar con maiores garantías no terreo de montaña.
Material necesario-. Roupa cómoda de deporte (preferible pantalón longo). Calzado axeitado para camiños de montaña ou no seu defecto calzado deportivo. Un chuvasqueiro ou forro lixeiro, incluso no verán. Aconséllase traer todo o material individual posible (casco, arnés…), auga (2 litros) e comida para o día.
Nota importante-. O Club porá a disposición dos participantes o material colectivo necesario e individual para aqueles que o precisen.


COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

  • Galiñeiro
  • Pontevedra
  • España

Data/Hora

  • 18 Xullo, 2020 09:00   -   00:00
  • 19 Xullo, 2020 09:00   -   00:00
Compartir actividade
Engadir ao meu calendario