- Inscrición: Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data nacemento, correo-e e teléfono, até o xoves 09 de xullo. Inclúe organización, monitores, e seguro para os non federados. Para formalizar a inscrición facer o ingreso na conta de ABANCA ES08-2080-5403-4030-4011-8709 ou na oficina do club.
- Desenvolvemento: Actividade de dificultade baixa. Duración aproximada: 4 horas.
- Material individual necesario: Casco (obrigado), neopreno (obrigado), calzado con bo agarre (botas ou zapatillas), arnés, mosquetón e descensor.
NOTA IMPORTANTE: O Club porá a disposición dos participantes o material colectivo necesario, material individual até fin de existencias. Aconséllase traer todo o material individual posible (casco, neopreno, etc.).
O barranco da actividade pode variar polas condicións do río.
A previsión de comezo é ás 09:30h. (recoméndase vir ben almorzado).
Para máis información podedes contactar con Ángel a través do seu correo-e (alvarezserto@hotmail.com), ou no (WhatsApp) 609 454 110.