7 Novembro, 2020
09:00
O Caurel
Inscrición: Prazas limitadas! Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data nacemento, correo-e e teléfono, até o venres 6 de novembro. Inclúe organización, monitores, desprazamento (en coches dos participantes) e seguro para os non federados. Para formalizar a inscrición facer o ingreso na conta de CAIXA RURAL GALEGA ES27 3070 0047 9362 6495 0129 ou na oficina do club.
Desenvolvemento: Actividade de dificultade moderada.
Saída dende a Aula da Natureza de Moreda – Devesa da Rogueira – Mirador de Polín – Fontes do Cervo – Pico Formigueiros (1.639m) – Devesa da Rogueira – Aula da Natureza.
Material necesario: Máscara. Roupa e calzado cómodos, chuvasqueiro e prenda de abrigo, bastóns, lentes de sol, crema protectora e todo material que cada un poida necesitar. Comida e auga para pasar o día.