Galiñeiro – Tui

Monte Galiñeiro

Data

16 Outubro, 2022

Hora

07:30

Localización

Vincios - Galiñeiro - Aloia - Tui

Saída: Sábado 16 de outubro ás 7:30h de Pontevedra.

Inscrición: Inclúe organización, monitores, desprazamento e seguro.

Os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo.

Desenvolvemento: Sairemos de Pontevedra para chegar a Tui ás 8:30h. Alí deixaremos parte dos coches e dirixirémonos nos restantes ao parking da área recreativa o pe do Galiñeiro.

Subiremos ata o seu cumio pasando polo refuxio e ós pes da escola de escalada, desfrutando polo camiño das fermosas vistas da ría de Vigo e o encoro de Zamáns. Continuaremos facendo cumio no monte Arruidos e trazaremos rumbo dende alí ó monte Aloia. O seu parque natural, o primeiro de Galicia, conta cunha frondosa vexetación que fará nos deleitemos cas cores do outono. Aproveitaremos para descansar, xantar e visitar varios dos seus miradoiros con belas panorámicas á desembocadura do Miño. Despois descenderemos camiño de Tui pasando polos pintorescos muíños de Tripes.

A actividade ocupará toda a xornada, serán aproximadamente 23 quilómetros de dificultade baixa-media.

Material.- Estamos en Montaña e en outono.
Precisaremos roupa cómoda para camiñar e de abrigo, chuvasqueiro/curtaventos, calzado adecuado (bo agarre), bastóns aconsellados, crema solar, auga e comida para pasar a xornada, e moitas gañas de desfrutar.

 

APÚNTATE


COMPARTIR:
Sen prazas dispoñibles

Localización

  • Vincios - Galiñeiro - Aloia - Tui
  • Gondomar
  • Pontevedra

Data/Hora

  • 16 Outubro, 2022 07:30   -   18:00
Compartir a actividade
Engadir ao meu calendario