Invernal en Espigüete e Curavacas

Espigüete e Curavacas

Data

28 Xaneiro, 2022

Hora

09:00

Localización

Cardaño de Abajo

Inscrición: Até o xoves 20 de xaneiro ás 21:30h vía web a través do enlace: https://aromon.es/proximas-actividades/. Inclúe organización, monitores, aloxamento en casa rural e desprazamento (en coches dos participantes). Non inclúe almorzos, comidas e ceas.
Límite de prazas: 8 pax.
Saída: O xoves 27 de xaneiro arredor das 16:00h na rotonda de Montecelo (estrada a Ourense).
Descrición: Actividade de dificultade alta.

Material recomendable: Máscara obrigada. Calzado e roupa de montaña invernal (botas semi-ríxidas e sistema de illamento de 3 capas), crampóns, 2 piolets, gafas de sol, crema solar, luvas, bastóns e frontal, e todo material que cada un considere que poida necesitar.
Comida e auga suficiente para pasar os días.

Nota importante: Actividade de dificultade técnica alta de montaña invernal. Imprescindible o dominio no uso de crampóns e piolet e técnicas de autodetención.

Concretaranse os detalles da saída cos inscritos nos días previos


COMPARTIR:

Cronogramas de eventos

1
Venres 28 de xaneiro
Ascensión ao Curavacas (2.524m). Comezamos en Vidrieros pola pista do val de Valdenievas. Pasada a Majada Cabriles empezamos a ascender polas ladeiras de máis inclinación da vertente Sur do Curavacas cara á Collada del Hospital. Un pouco antes da collada xiramos á esquerda para meternos de cheo na canle Callejo Grande, cada vez máis estreita e vertical ata acadar os 40º de inclinación. Alcanzamos a Portilla del Callejo que nos da acceso á ultima pala de ascenso ata a cima pola perigosa vertente Norte do Curavacas. A baixada farémola polo mesmo itinerario.
2
Sábado 29 de xaneiro
Ascensión ao Espigüete (2.451m). Ascencenderemos dende a zona de aparcamento coñecida como Pino Llano, na estrada que sube ata Cardaño de Arriba. A subida será polo val de Mazobres por unha pista forestal ata situarnos á carón da canal norte do Espigüete, corredor que nos levará a través dunhas pendentes entre os 40° e os 50° de inclinación ata un collado entre as cimas este e oeste do pico. Dende aquí só nos quedará crestear ata a cima oeste ou principal. Logo de pasar pola cima este (2.447 m) crestearemos en dirección este para baixar por unha ampla pala de neve que nos deixará a carón do refuxio Majada Espigüete, xa perto de punto de inicio.
3
Domingo 30 de xaneiro
Ascensión ao pico Tres Provincias (2.498m) polas Agujas de Cardaño. Sairemos dendo o aparcamento á entrada de Cardaño de Arriba. Subiremos seguindo o arroio de Las Lomas ata vadealo por una ponte e seguir ascendendo polo alto da Lomba. Pasamos pola la laguna Pozo de las Lomas, situada nun circo glaciar rodeado de picos de máis de 2.000m. e as impoñentes Agujas de Cardaño. Por un corto pero empinado corredor que ascende entre as Agujas acadaremos a base do pico Tres Provincias dende onde só nos quedará o ascenso final. A baixada farémola pasando polo Alto del Concejo para evitar as Agujas de Cardaño, ata chegar á Poza de las Lomas e logo continuar polo mesmo itinerario de subida.
Actividade rematada!

Localización

Prazas 8 (8 Quedan)
  • Cardaño de Abajo
  • Cardaño de Abajo
  • Palencia

Data/Hora

  • 28 Xaneiro, 2022 09:00   -   18:30
  • 29 Xaneiro, 2022 09:00   -   18:30
  • 30 Xaneiro, 2022 09:00   -   18:30
Compartir a actividade
Engadir ao meu calendario