Portos de Agüeria, Pico Ranchón e Peña Rueda

PUERTOS DE AGÜERIA, PICO RANCHÓN E PEÑA RUEDA

Data

4 Xuño, 2022

Hora

09:00

Localización

Inscrición: Até o mércores 1 de xuño vía web a través do enlace á sección: https://aromon.es/proximas-actividades/. Inclúe organización, monitores, desprazamento, aloxamento con media pensión e seguro para os non federados.
Número de prazas: 15
Saída: O 3 de xuño dende Pontevedra.
Descrición: Actividade de dificultade moderada.

  • Sábado 4 de xuño: Desprazarémonos nos coches ata a aldea de Bueida. Comezaremos camiñando por un fermoso faial deixando a nosa dereita a impoñente mole da cordal do Huertu do Diablo, polo que pasaremos xa no camiño de volta. A ruta transcorre alternando bosque e claros ata chegar a veiga de Llaseiro, onde poderemos desfrutar das vistas do Pico Ranchón. A partires deste punto atoparemos numerosas formacións de bosques de acivros. Continuamos ata a Vega de Retuerto onde comeza a dura subida por unha canle pedregosa cara a Peña Redonda. Ó chegar ó final da canle xiraremos dirección Norte cara a Peña Cigacha e logo ao Ranchón, cumio máis alto do día cos seus 2.151m. Continuamos por esta parte alta da ruta cara ós Huertos do Diablo, Sur e Norte. A partir desde punto comezaremos a perder altura pasando pola Vega Socellares, onde comeza unha baixada abrupta atravesando outro faial ata chegar ao punto de inicio.
  • Domingo 5 de xuño: Empezamos a camiñar na aldea de Lindes por unha senda en forte pendente dende o inicio en dirección Sur. Chegamos a un claro despois de transitar por zona boscosa e a un conxunto de chozos de montaña chamado Manín. Continuamos gañando altura ata un estreitamento coñecido como Vallina Grande. A partir deste punto comeza a parte máis aérea e espectacular da ruta polo cuchillar de Rueda, cresterío prolongado que nos leva directamente á cima do Peña Rueda (2.155 m), dende cuxa cumio pódese ver dende o Cantábrico ata os Pico de Europa. Baixaremos pola vertente oposta á da subida ata as Colladiellas e logo dirección Sur cara o collado de Lingleo e Majada da Cardosina. A partir deste punto, en plenos Puertos de Agüeria irémonos adentrando na fermosa Foz Grande que se forma na cara Sur do Peña Rueda. Á saída da foz descenderemos por un sinxelo sendeiro entre faiales ata chegar de novo a Lindes.

Material recomendable: Máscara, alimentos e bebida para o día, bastóns, botas de montaña, peza impermeable, gorra, lentes de sol, crema solar e material que cada un considere que poida necesitar.


COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

Prazas 20 (14 Quedan)
  • Quirós
  • Asturias
  • España

Data/Hora

  • 4 Xuño, 2022 09:00   -   20:00
  • 5 Xuño, 2022 10:00   -   20:00
Compartir a actividade
Engadir ao meu calendario