Río Caldo no Xurés

Nenos e pais

Data

19 Agosto, 2023

Hora

09:00

Localización

Lobios

Lugar: O Xurés (Lobios-Entrimo)

Organiza: Carmen Iglesias e Manuel Beloso

Saída.- Pavillón dos Deportes de Pontevedra ás 9:30 h

*Os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo

Inclúe organización, monitores, cea do sábado, pernocta do sábado en bungalow camping Viña Grande, almorzo do domingo e seguro para Non Federado. DESPRAZAMENTO e resto de comidas por conta do participante.

Desenvolvemento.- Faremos viaxe o mesmo sábado 19 (2 ½ horas aprox.) ata as inmediacións do río Caldo. Baño e xantar á beira do río. Marcharemos arredor das 19:00 h ao Camping Viña Grande, cear e durmir. 

O domingo 26 pola mañá tralo almorzo faremos unha pequena camiñada ata as pozas da Corga da Frecha, onde nos bañaremos e xantaremos, baixada de volta e retorno arredor das 18:00 h para chegar a Pontevedra contra ás 21:00 h.

Material necesario.- Gorra, crema solar, roupa de baño, calzado para auga (chanclas pechadas na taloneira para bañarse no río cheo de cons), chuvasqueiro se o tempo o precisa, calzado e roupa para camiñar, algo de roupa de abrigo e moitas gañas de desfrutar. 

Inscríbete

COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

  • Lobios
  • Lobios
  • Ourense
  • 32870
  • España

Data/Hora

  • 19 Agosto, 2023 09:00   -   20:00
  • 20 Agosto, 2023 09:00   -   20:00
Compartir actividade
Engadir ao meu calendario