3 Outubro, 2020
09:00
Costa da Morte
Prazas limitadas! Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data nacemento, correo-e e teléfono, até o venres 2 de outubro. Inclúe organización, monitores, desprazamento e seguro para os non federados. Para formalizar a inscrición facer o ingreso na conta de CAIXA RURAL ES27 3070 0047 9362 6495 0129 ou na oficina do club.
Actividade de dificultade moderada. Tratase dun camiño costerio entre a localidade de Malpica e a praia de Niñóns. Pasaremos pola Ermida de San Adrián e sucesivas praias coma as de Beo, Seiruga e Barizo antes de chegar ao Faro de Punta Nariga. Despois camiñaremos pola enseada do Lago ata chegar á fermosa praia de Niñóns.
Máscara. Roupa e calzado cómodos, bastóns, gafas, crema solar e todo material que cada un poida necesitar. Comida e auga para pasar o día.
NOTA IMPORTANTE.– Non hai fontes en todo o camiño.