Ruta dos faros – Etapas 7 e 8

Data

27 Maio, 2023

Hora

08:30

Localización

Muxía

*Idade Mínima para participar 16 anos*

Saída: Quedamos no campo de fútbol de Muxía ás 8:30 h. O tempo de viaxe de Pontevedra a Muxía é de 1 hora e 35 minutos.

Desenvolvemento:

SABADO 27. “De Muxía a Lires” percorrido liñal de 27,3 km. Saímos do campo de fútbol de Muxía á altura da praia de Lourido onde se sitúa o novo Parador Nacional Costa da Morte. A partir de aquí ascenderemos ó monte Cachelmo sendo a subida mais dura do camiño. Pasaremos polo Monte Buitra e os seus acantilados, e posteriormente polo monte Pedrouzo ata chegar a Faro Touriñan. Dende punta Insua avistaremos a illa de Herbosa. Costeando chegaremos á praia de Nemiña, fin oficila da etapa 7. Dende aquí chegaremos, polo sendeiro interior do río Castro, ata o pobo de Lires que é onde temos aloxamento.

DOMINGO 28 “De Lires á Faro Fisterra” percorrido liñal de 21,6 km. Saímos de Lires ata a praia do mesmo nome e continuaremos polos seus acantilados nunha sucesión de duros desniveis. Chegaremos á praia do Rostro, de casi 2 km de lonxitude, para logo continuar polos acantilados de punta do Castelo, de O Gavioteiro, de Arnela e os de Cabo da Nave, uns dos mais espectaculares do camiño. A partir de aquí suavízase a etapa pasando pola praia de Mar de Fora, e despois de pasar a aldea de A Insua subiremos ao Monte do Facho. Terminando a etapa no Faro de Fisterra.

Dificultade: ALTA, pola lonxitude do percorrido e os fortes desniveis.

Material aconsellado: Bastóns, gafas de sol, gorra, crema solar, calzado cómodo, chubasqueiro si hai previsión de choiva, comida para o camiño e bastante auga.

Inclúe: Organización, desprazamento, 1 noite de aloxamento (sábado) e 1 almorzo (domingo), ademais dos seguros obrigatorios.

Inscríbete agora

COMPARTIR:

Localización

  • Muxía
  • Virxe da Barca
  • Muxía
  • A Coruña
  • España

Data/Hora

  • 27 Maio, 2023 08:30   -   18:00
  • 28 Maio, 2023 08:30   -   18:00
Compartir actividade
Engadir ao meu calendario