Semana Branca Interclubs Esquí Andorra 24

Data

6 Xaneiro, 2024

Hora

17:00

Localización

GrandValira

Co ánimo de dinamizar a convivencia e a formación entre os socios/as destes Clubs, organízanse para desenvolver unha viaxe de esquí alpino de unha semana de duración para formarse e/ou practicar o deporte.

ORGANIZADORES: Club AROMON Pontevedra, Club Montañeiros Celtas, Peña Trevinca Montañeiros de Galicia, e Sociedad de Montaña Ártabros.

OBXECTIVOS: O primeiro obxectivo é formarse e/ou practicar o esquí alpino (ou “esquí de pista”), e o segundo obxectivo é convivir entre os socios/as dos distintos Clubs.
A maiores dos obxectivos principais, como clubs de montaña que somos, queremos dar a coñecer nocións elementais de seguridade na montaña invernal, e especialmente do deporte do “esquí de travesía” (propio dos deportes de montaña), xa que este tipo de curso poden ser moi bos precursores.

PARTICIPANTES: Persoas maiores de idade (ou menores acompañadas), que cumpran coas indicacións dadas nesta convocatoria, e coas instrucións dadas ao longo da viaxe en prol da convivencia e seguridade. Poderán participar persoas alleas cun suplemento de +25€ por gastos de xestión (ou facerse socio/a a principio de ano nun Club organizador).

PLAN DE VIAXE:
→ 06/Xan (sábado) Comeza a viaxe en bus pola tarde-noite dende Galicia.
→ 07/Xan (domingo) Instalarse no hotel, recoller o material deportivo, e cear (é o primeiro servizo pagado de manutención).
→ 08/Xan (luns) ata o → 11/Xan (xoves) almorzar, esquiar, cear e durmir no hotel.
→ 12/Xan (venres) Almorzar, deixar as habitacións, esquiar, e ao remate da xornada deportiva, devolver o material alugado, e viaxe de regreso.
→ 13/Xan (sábado) Pola mañá chegar a Galicia.

* * *

PREZO BÁSICO OBRIGATORIO

635,00€

5 Forfaits de GrandValira
Transportes en autobús
5 noites habitacións dobres Hotel Delfos (4*) en Andorra
5 ceas e almorzos no hotel
Seguro de saúde durante a viaxe
5 taxas turísticas (2,09€/noite) Goberno de Andorra

PREZO VOLUNTARIO OPCIONAL

Pack “Xantar” + Clases (3 horas diarias todos os días)+75€
Aluguer de botas, táboas e bastóns de esquí+55€
Seguro accidentes deportivos en Andorra+15€
Habitación individual+150€
“Xantar” (5 bocatas e bebida en pistas)+65€
Aluguer de casco+15€
Seguro de cancelación “por causas xustificadas”+25€
Aluguer de botas e táboa de snowboard+85€
Habitación triple ata rematar habitacións (se non queres a habitación dobre)-10€
Habitación cuádruple ata rematar habitacións (se non queres a habitación dobre)-15€
Ruta guiada de esquí de travesía (medio día e para persoas do mesmo nivel)+155€ / 6 persoas máx.
Aluguer de esquí de travesía (por día)+30€
Participantes non socios/as dos Clubs organizadores+25€

* * *

XUNTANZAS DE INFORMACIÓN: O mércores 27 de Nadal na sede do Club Montañeiros Celtas e na sede da Sociedad de Montaña Ártabros, e o xoves 28 de Nadal na sede do Club AROMON Pontevedra, todas ás 20.30h, haberá xuntanzas (importante participar) para concretar asuntos da viaxe, falar sobre material aconsellado, e sobre os distintos deportes do “esquí alpino” e o “esquí de travesía”, e a seguridade na montaña invernal.

SEGURO DE ACCIDENTES: A atención sanitaria nas actividades deportivas nesta viaxe é unha responsabilidade persoal de cada participante, e non está cuberta polo sistema público español, polo que recomendamos encarecidamente ou ter a licenza federativa FEDME en vigor “con extensión de esquí alpino”, ou un seguro privado propio, ou o ofrecido pola organización, durante a actividade. Dende os Clubs non seremos responsables de gasto algún vencellado a este asunto.

PERSOAS COORDINADORAS DE CADA CLUB:
David Araújo (AROMON Pontevedra),
Fernando Fernández (Montañeiros Celtas),
Alejandro Carrera (Peña Trevinca Montañeiros de Galicia), e
Fernando Pedreira (SM Ártabros).

PRAZO E SISTEMA DE INSCRICIÓN: Ata o 15 de Nadal (ou ate esgotar as prazas, o que pase antes). As persoas interesadas terán que facer:
Un primeiro pago para bloquear a praza de 300€ na conta de Viajes Sierra poñendo de referencia “Interclubs” e o nome e apelidos do viaxeiro/a (un ingreso por cada viaxeiro) en
ABANCA IBAN ES69 2080 0341 1755 0063 9777.
Unha vez pagado o primeiro prazo, cubrir o seguinte formulario en n https://forms.gle/ts6hMWGJ353DVZYE9
O seguinte pago (ata completar o total) farase antes do 01/Xan/2024.

DÚBIDAS: Poñerse en contacto ou no Club, ou con Viaxes Sierra no tel. 881 979 138 / viajessierra@viajessierra.com

* * *


COMPARTIR:
Sen prazas dispoñibles

Localización

Organiza: Club Aromon

  • GrandValira
  • Canillo
  • Andorra
  • AD100
  • Andorra

Data/Hora

  • 6 Xaneiro, 2024 17:00   -   23:30
  • 7 Xaneiro, 2024 09:00   -   22:00
  • 8 Xaneiro, 2024 09:00   -   22:00
  • 9 Xaneiro, 2024 09:00   -   22:00
  • 10 Xaneiro, 2024 09:00   -   22:00
  • 11 Xaneiro, 2024 09:00   -   22:00
  • 12 Xaneiro, 2024 09:00   -   22:00
  • 13 Xaneiro, 2024 09:00   -   22:00

Ver máis datas

Agochar lista de datas

Compartir actividade
Engadir ao meu calendario