Trekking con raquetas polo macizo das Ubiñas

TREKKING con raquetas polo macizo das Ubiñas

Data

4 Febreiro, 2022

Hora

17:00

Localización

La Ubiñas

Inscrición: Até o venres 28 de xaneiro vía web a través do enlace á sección: https://aromon.es/proximas-actividades/.
Inclúe organización, monitores, desprazamento e aloxamento venres en camping Laciana (con almorzo) e sábado no refuxio do Meicín (media pensión). Non inclúe o alugueiro de raquetas e/ou bastóns.
Número de prazas: 10 pax.
Saída: Venres 4 de febreiro sobre ás 17:00h no Pavillón dos Deportes de Pontevedra
Descrición: Actividade de dificultade media (ver MIDE).
Material necesario: Máscara obrigada. Calzado e roupa de montaña invernal (recomendable sistema de 3 capas), gorro, lentes, luvas, bastóns e todo o material que un considere que poida necesitar. Comida e auga suficiente para pasar o día.
Para o refuxio do Meicín non é preciso levar saco de durmir, xa que dan mantas.
Dispoñible aluguer de raquetas: 17€
Dispoñible aluguer de bastóns: 5€

Día 1

Día 2

Nota importante: O itinerario da actividade poderá modificarse en función das condicións da neve.

Concretaranse os detalles da saída cos inscritos nos días previos


COMPARTIR:

Cronogramas de eventos

Venres 4 de febreiro

Saída e desprazamento ate as Ubiñas

Sábado 5 de febreiro

Percorrido de 9km, desnivel +: 1000m; desnivel -: 600m. Torrebarrio (1.218m) – Collado Ronzón (1.937m) – Collado Terreos (1.890m) – Pico Cerreos (2.111m) – Refuxio do Meicín (1.560m).
Saímos de Torrebarrio cara o collado Ronzón, situado entre a Ubiña Grande e a Ubiña pequena. Dende aí podemos observar Peña Cerreos (2.111m), o obxectivo da xornada. Ascenderemos ao seu cumio pola cara Oeste, onde disfrutaremos dunha fermosa panorámica das dúas Ubiñas, os Portillines e o Fontán Norte, entre outros. Descenderemos pola aresta Sur combinando algún paso aéreo. De novo na súa base situarémonos sobre o alto Terreos dende onde comezaremos o descenso cara o refuxio do Meicín (1.560m), onde pasaremos a noite.

Domingo 6 de febreiro

Percorrido de 11km, desnivel +: 600m, desnivel -: 1000m. Refuxio do Meicín 1.560m) – Puerto Cerreos (1.970m) – Collado de La Loma (1.893m) – Torrebarrio (1.218m).
Colleremos o sendeiro dende o Meicín até Tuiza de Arriba, no val de Gabuxeos. Comezaremos o ascenso cara o porto Cerreos, onde localízanse os restos máis antigos de trincheiras e refuxios da Guerra Civil. Baixaremos até o río Tuerto onde atoparemos máis restos de trincheiras e elementos de combate, perdendo altura até a base do Ubiña pequeno, rodeándoo pola cara Sur. Dende eiquí descenderemos polas suaves ladeiras nevadas de volta a Torrebarrio.

Rexistrate agora!

Tipo de entrada:

Federado club e < 18
1 Quedan
Cant. Entradas
Prezo x entrada 120,00
Socio Club
1 Quedan
Cant. Entradas
Prezo x entrada 130,00
Non Socio
1 Quedan
Cant. Entradas
Prezo x entrada 140,00
Cantidade Total

Localización

Prazas 10 (1 Quedan)
  • La Ubiñas
  • Camping Laciana
  • Torrebarrio
  • Castela e León

Data/Hora

  • 4 Febreiro, 2022 17:00   -   22:00
  • 5 Febreiro, 2022 09:00   -   20:00
  • 6 Febreiro, 2022 09:00   -   20:00
Compartir a actividade
Engadir ao meu calendario