Xornada de escalada en rocha

Data

1 Agosto, 2020

Hora

09:00

Localización

Escola por determinar

Saída: O propio sábado pola mañá cedo, co fin de chegar á escola sobre ás 10:30-11.00h. A xornada finalizará as 17:00h mais tardar.

Inscrición: Por correo-e (aromon@aromon.es) ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data de nacemento, teléfono e xustificante de pago até o mércores 29 de xullo . Inclúe organización, material técnico, monitores e seguro para os non federados.

O desprazamento corre pola conta dos participantes, de tódolos xeitos trataremos de organizarnos co fin de que ninguén quede atrás e minimizar os custes.

Para formalizar a inscrición facer o ingreso na conta de ABANCA ES08-2080-5403-4030-4011-8709 ou na oficina do club

Material necesario: Roupa cómoda de deporte (preferible pantalón longo). Calzado axeitado para camiños de montaña ou no seu defecto calzado deportivo. Mochila mediana para levar o material técnico propio, auga (mínimo 1 litro) e comida.

PRAZAS LIMITADAS


COMPARTIR:
Actividade rematada!

Localización

  • Escola por determinar
  • Pontevedra
  • España

Data/Hora

  • 1 Agosto, 2020 09:00   -   17:00
Compartir actividade
Engadir ao meu calendario