15 Agosto, 2020
09:00
Pontevedra
O vindeiro 15 de agosto o club Aromon Pontevedra organiza en colaboración co Concello de Pontevedra unha “Xornada de orientación deportiva urbana” dirixida a tódolos públicos (a partir de 5 anos), no marco do programa “APÚNTATE do Ponteverán”.
Inscricións até o xoves 13 de agosto, ou ata completar a capacidade (100 prazas).
Organización e xestión de inscricións s/protocolo COVID-19.
Horario: 9-14h, inicio das saídas a partir das 9:30h. Saídas graduadas.
Obrigado o uso da máscara nas zonas de secretaría, saída e meta, non sendo obrigatorio o seu emprego en carreira sempre e cando se poida manter a distancia de seguridade con outras persoas.
Non haberá avituallamento nin vestiarios.
Se tes síntomas compatibles ca COVID por favor avísanos e queda na casa, por tí, por nós…