Escola deportiva de orientación

Comezamos un novo proxecto ilusionante, a Escola Deportiva de Orientación, promovendo e mellorando a calidade neste deporte nos/as nosos/as socios/as. A maiores, engadimos nesta nova tempada 2017-2018 a nosa inclusión no programa de escolas municiapis deportivas. Levarémolo a cabo habitualmente nas instalacións do Pavillón Municipal da Xunqueira, aínda que nalgunhas ocasións desprazarémonos a mapas próximos á cidade de Pontevedra.

Actividade.- Clases de orientación en grupos organizados a desenvolver no Pavillón Municipal da Xunqueira e na Illa das Esculturas (puntualmente realizaremos actividades en mapas próximos), durante o período de Outubro 2017 – Maio 2018.

Requisitos.- Ser socio/a do clube , con coñecementos de orientación.

Data de inicio.- Martes 03 de Outubro Lugar.- Pavillón Municipal da Xunqueira

Inscrición.- A partires do 13 de setembro, por correo-e ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data de nacemento e teléfono a: aromon@aromon.es. Inclúe organización, material, instalación, técnico deportivo e seguro para os/as non federados/as.

Organiza.- Ricardo Figueroa (escolaori@aromon.es).

Programa.-

  1. GRUPO NEN@S (avanzado).- orientado aos/ás nen@s soci@s do club. Nº de prazas: 10, de 9 a 17 anos, 1 día á semana (martes). Duración: 2hs, franxa horaria: 16:30-18:30. Tarifa anual: 50€. Traballarase con el@s coma un grupo pequeno de adestramento, tanto con conceptos teóricos, adestramentos físicos e mellorando conceptos e técnicas.

  1. GRUPO ADULTOS (avanzado).- orientado a soci@s do club. Nº de prazas: 5 (maiores de idade), 1 día á semana (martes). Duración: 2hs, franxa horaria: 16:30-18:30. Tarifa mes: 20€. Traballarase con el@s coma un grupo pequeno de adestramento, tanto con conceptos teóricos, adestramentos físicos e mellorando conceptos e técnicas.

Inicio das inscricións: A partires do 13 de setembro

Notas importantes:

1.- Para calquera dúbida, podedes contactar directamente co departamento correspondente no email: escolaori@aromon.es

2.– A escola rexerase polo calendario oficial escolar aprobado para o 2017/18, tanto os nen@s coma os adultos.

3.- Unha vez se cubran as prazas conformaremos os grupos definitivos, confirmando ós/ás soci@s de forma inmediata. En función da demanda o club estudará posibles alternativas, como a posibilidade de crear un grupo a maiores.

4.- O abono da escola de orientación farase de dous xeitos:

  1. Grupo nen@s: pago único anual (50€), antes de comezar a escola (03/10/17).

  2. Grupo adultos: realizaranse dous pagos, co fin de facilitar o mesmo e de crear un compromiso de asistencia ca escola:

1º pago: 60€ (de outubro a decembro de 2017).

2º pago: 100€ (de xaneiro a maio de 2018).

5.- No referente a Escola Deportiva Municipal de Orientación, facilitamos a información de inscripción mediante Deporte de Pontevedra:

Máis información na web de deportes de Pontevedra: http://deportepo.blogspot.com.es/2017/09/chegan-as-escolas-deportivas-municipais.html