Termos e condicións
Información Xeral
Estas Condicións Xerais de Contratación se aplican á contratación de inscricións para eventos deportivos organizados por AROMON ou se fora o caso por terceiros, para o que se provee o servizo de mandato ou de venda, segundo o suposto, na paxina web da súa titularidade aloxada na URL www.aromon.es, a calquera usuario de Internet.
Os datos de identificación e contacto de AROMON son os seguintes:
Domicilio social: Edificio Adtvo. da Xunta de Galicia; rúa Benito Corbal 45 Local 5 – 3º andar 36002 PONTEVEDRA
Contacto: Formulario de contacto Mércores, xoves e venres laborais de 20:30 a 21:30h
Teléfono: 609 713 646
O pedido que realiza o Cliente da contratación das inscricións ós eventos deportivos ofrecidos a través desta web inclúe a aceptación dos termos e condicións das presentes Condicións Xerais polo que, antes de proceder a súa aceptación, lea atentamente o seu contido. Si non acepta estas CCXX, a inscrición en ditos eventos deportivos non se levará a cabo e, en consecuencia, non comportará a asunción de ningún tipo de obrigación e/ou responsabilidade por parte de AROMON.
Para proceder correctamente á inscrición, o Cliente deberá seguir cada un dos trámites do procedemento previsto na web e seleccionar o evento deportivo no que desexe inscribirse.
Obxecto: Servizo de Mandato.
As presentes CCXX teñen por obxecto establecer as condicións sobre as que AROMON actuará como mandatario do Cliente co obxectivo de que AROMON, leve a cabo a inscrición no evento deportivo seleccionado polo Cliente, así como a forma de pago e dereitos e obrigas que incluirá o servizo.
As características principais dos eventos deportivos publicados en AROMON poden consultarse a través do Sitio Web na propia ficha descritiva coa que se presentan, nas que tamén se inclúe un enlace ó regulamento e condicións xerais do organizador do evento deportivo. A aceptación do Mandato se atopa condicionada ó cumprimento por parte do Cliente de todas as súas obrigacións establecidas nestas condicións e en concreto á realización do pagamento.
Pedido de mandato para a inscrición
Para cursar a inscrición ó evento deportivo o Cliente deberá facilitar os datos persoais que lle sexan solicitados para que AROMON poida levar a termo o trámite de inscrición e o pago. Para isto, o Cliente autoriza a AROMON a realizar o proceso de inscrición no seu nome, lexitimando e obrigando a AROMON a realizar a inscrición do Cliente.
Ó realizar o Pedido de Mandato, o Cliente acepta as presentes Condicións Xerais, a política de protección de datos de AROMON, así como as Condicións Xerais de Venda e normativa de cumprimento establecidas polo Organizador do evento deportivo. Para iso, AROMON, ou se fora o caso o Organizador, facilitaralle acceso ás mesmas antes de realizar o Pedido.
Prezo
O prezo das inscricións será o que apareza en euros na web e incluirá o IVA e calquera outro imposto ou taxa que existira, así como calquera gasto adicional, debidamente detallado.
Adicionalmente, AROMON poderá ofrecer descontos no marco de determinadas promocións, si ben ditos descontos non serán acumulables a outras promocións. O Prezo aplicable ó Pedido de Mandato efectuado polo Cliente será o que conste no momento de aceptar as Condicións Xerais respecto da inscrición ó evento seleccionado.
Pago
O Cliente poderá realizar o pago do Pedido de Mandato mediante tarxeta de débito/crédito (Visa, Mastercard e Maestro) ou outros métodos de pago online habilitados ó efecto.
Confirmación do Pedido de Mandato.
Posteriormente ó Pago, o Cliente recibirá un correo electrónico confirmando a recepción do Pedido de Mandato, e copia das presentes Condicións Xerais. O envío se realizará no mesmo día no que se reciba o Pago.
Inscrición
Unha vez verificado que se realizou correctamente o Pago, AROMON inscribirá o Cliente segundo o que conste no Pedido de Mandato. Unha vez realizada a inscrición no seu nome, se enviará ó Cliente o xustificante da inscrición e o resgardo de pago por correo electrónico á dirección indicada polo Cliente durante o procedemento de contratación.
O Cliente deberá presentarse na entrega de dorsais do día do evento deportivo e presentar o xustificante da inscrición e o seu documento nacional de identidade para poder recoller o dorsal (e, no seu caso, o material deportivo necesario) e participar no evento deportivo, segundo o establecido nas condicións xerais de contratación do organizador do evento deportivo.
Ó solicitar que AROMON o inscriba no seu nome ó evento deportivo a través desta web, o Cliente obtén a inscrición oficial ao mesmo e, por tanto, terá os mesmos dereitos e deberes que os que outorga o organizador do evento deportivo a calquera persoa que contrate con el directamente, entre os que se inclúen o deber de cumprir có Regulamento do evento e calquera outros termos e condicións que sexan de obrigado cumprimento. O Cliente poderá comprobar a súa inscrición ó evento deportivo na web de Aromon e, se fora o caso, na web do organizador.
Responsabilidade
AROMON non será responsable dos erros que se poidan producir na entrega do xustificante da inscrición no suposto que o Cliente no teña cumprimentado correctamente o formulario da web.
AROMON é un simple mandatario e non exerce ningún control sobre os eventos e a dispoñibilidade de inscribirse ós mesmos, por tanto, está exento de calquera responsabilidade e/ou reclamación derivada, directa ou indirectamente, da celebración dos eventos deportivos (en especial, de calquera obriga asumida polo organizador fronte ó Cliente). Toda reclamación sobre a realización, suspensión, modificación ou anulación do evento deportivo contratado deberá dirixirse ó organizador do evento coa presentación da inscrición confirmada.
Así mesmo, AROMON informará, como o comunica o organizador, as datas, os horarios e/ou os programas dos eventos deportivos e, no seu caso, a súa suspensión ou cancelación. Tódalas garantías, condicións e outros termos implícitos pola normativa legal aplicable quedan, na medida en que estea permitido pola lei, excluídos de calquera contrato entre o Cliente e AROMON, salvo as disposicións aplicables no Código Civil e o Real Decreto Legislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Ley General para la Defensa de los Consumidores y Usuarios e outras leis complementarias. Neste sentido, (a) A responsabilidade total de AROMON respecto a un contrato, prexuízo, falseamento, indemnización ou outra forma que xurda en relación coa execución ou a execución prevista de calquera acordo entre AROMON e o Cliente se limitará ó prezo establecido no contrato que debía pagar o Cliente; e (b) AROMON non será responsable por ningunha perda ou dano indirecto ou consecuente sufrido polo Cliente, costes, gastos ou outras reclamacións de compensación correspondente polo dano causado que xurden de ou en relación con calquera contrato entre AROMON e o Cliente.
Suxestións, queixas e reclamacións
O Cliente deberá contactar con AROMON, a través dos medios indicados ao inicio das presentes Condicións Xerais, para manifestar as súas suxestións, queixas e reclamacións, comprometéndose AROMON a atendelas o antes posible e, en calquera caso, no prazo dun mes desde que sexan presentadas.
Cancelación e desistimento
En todos os eventos que especifiquen “Garantía de Cancelación por lesión incluída” o Cliente poderá darse de baixa ata quince (15) días naturais previos á celebración do evento deportivo, prazo que, en todo caso, supera o prazo legal de desistimento de catorce (14) días naturais que prevé a normativa vixente a contar desde a data de recepción do xustificante da inscrición. A devolución será do 100% do importe pagado como concepto de inscrición, só nos casos que o participante xustifique unha lesión que lle impida participar no evento. Nos eventos deportivos que non especifiquen a “Garantía de Cancelación por lesión incluída” se adaptará as condicións de cancelación propias do organizador do evento.
Solicitude de Cancelación ou desistimento
Para o exercicio do dereito de devolución ou cancelación, o Cliente deberá solicitar a devolución desde o formulario de contacto, axuntando un xustificante do médico ou centro hospitalario que indique a lesión do participante.
Unha vez exercitado correctamente o seu dereito de desistimento ou a garantía de devolución Aromon e, en todo caso, no prazo máximo de catorce (14) días naturais desde a recepción da información necesaria, e despois de validar o xustificante médico, AROMON realizará o abono correspondente e devolveralle ó Cliente o importe íntegro do pago da inscrición, se fora o caso.
Protección de datos persoais
Acceda a nosa Política de Privacidade para obter información sobre como AROMON trata os datos persoais recompilados a través da web.
Política de Cookies
O acceso a este sitio web pode implicar a aceptación de cookies. Para máis información acerca do uso de cookies, acceda a nosa Política de Cookies.
Nulidade
Si calquera das cláusulas das Condicións Xerais fora declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia afectará só a dita disposición ou á parte da mesma que resulte nula ou ineficaz e as mesmas permanecerán vixentes en todo o demais, téndose por non posta tal disposición ou a parte da mesma que resulte afectada. A tales efectos, as Condicións Xerais de Contratación só deixarán de ter validez exclusivamente respecto da disposición nula ou ineficaz, e ningunha outra parte ou disposición do mesmo quedará anulada, invalidada, prexudicada ou afectada por tal nulidade ou ineficacia.
Lexislación aplicable e xurisdición
As presentes Condicións Xerais se rexeran e interpretarán de conformidade coa lexislación española.
De conformidade co art. 14 do Reglamento 524/2013 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 21 de mayo de 2013, sobre resolución de litigios en línea en materia de consumo, se informa aos Clientes que poden someter súas reclamacións á plataforma de resolución de litixios dispoñible no seguinte enlace: http://e.europa.eu/consumers/odr.
Igualmente, no suposto de que xurda calquera conflito ou discrepancia na interpretación e/ou aplicación das Condicións Xerais, os xulgados competentes serán os que dispoña a normativa aplicable en materia de xurisdición competente en materia de consumidores e usuarios.
O usuario é responsable da veracidade dos datos facilitados, reservándose aromon.es o dereito a excluír do servizo contratado, a todo usuario que facilitara datos falsos, sen prexuízo de outras accións legais que puideran exercerse.
O pago para as inscricións se realizará mediante tarxeta de crédito ou débito, a través dun TPV virtual de pago seguro e nunha operación totalmente confidencial cunha entidade bancaria española. Se fora o caso, tamén se poderá realizar o pago mediante transferencia bancaria tras previa autorización do organizador do evento.
Unha vez realizado o pago, aromon.es enviará a confirmación de que a inscrición se realizou correctamente mediante correo electrónico á dirección facilitada polo usuario.
O importe da inscrición non é reembolsable ni transferible.
Ós efectos previstos no Art. 5 da Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, se informa que os datos persoais que introduza nos formularios de inscrición serán incorporados a un arquivo titularidade do organizador do evento co obxecto de empregalos única e exclusivamente para os fins para os que se solicitan. Os datos de cada un dos organizadores poden consultarse no formulario de inscrición correspondente. Calquera modificación que poida producirse nos datos de carácter persoal, deberá ser posta en coñecemento por parte do titular dos mesmos ó responsable do arquivo.
No caso de que un usuario procedera a inscribir a outros participantes no evento, declara ter o consentimento expreso para facelo dos propios interesados ou dos seus representantes, asumindo toda a responsabilidade ao respecto que puidera derivarse de dito feito.
De conformidade co disposto no Art. 5 da Ley Orgánica antes sinalada, queda informado de que respecto aos datos de carácter persoal recollidos para o seu tratamento ten a posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante solicitude dirixida ó titular do arquivo nos termos que subscribe a lexislación vixente.
Baixo estas premisas, segundo establece o artigo 3g) da Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, aromon.es actúa como encargado do tratamento do arquivo do que é titular o organizador do evento polo que unicamente tratará os datos conforme ás instrucións do titular do arquivo, e non os aplicará ou utilizará cun fin distinto ó que figure en dito contrato, nin os comunicará, nin sequera para a súa conservación, a outras persoas.